1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Escola Galega de Administración Pública.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral (Servizo Económico-Administrativo).
c) Obtención da documentación e información:
1. Dependencia: Escola Galega de Administración Pública.
2. Domicilio: rúa Madrid, 2-4.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.
4. Teléfonos: información de índole técnica e administrativa: 981 54 62 40 e 981 54 62 42.
5. Telefax: 981 54 63 37.
6. Correo electrónico: economico.egap@xunta.es; secretaria.egap@xunta.es
7. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?=18473
8. Data límite de obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.
9. Número do expediente: 138051.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo especial.
b) Descrición: xestión e explotación da cafetaría e comedor da EGAP.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non lotes.
d) Lugar de execución: edificio da EGAP.
e) Prazo de execución: dous (2) anos desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.
f) Prórroga: si, por un prazo máximo igual ao do contrato.
g) CPA 55.30.11; CPV: 55330000-2 e 553000000-3.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: os establecidos no número 10 da folla de especificación do prego de cláusulas administrativas.
4. Orzamento base do canon: 100 €/ano.
5. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do importe do canon de adxudicación.
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 15 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.
b) Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 16 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.
7. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.
b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 63 37.
c) Lugar de presentación:
a) Dependencia: Rexistro da EGAP.
b) Domicilio: rúa Madrid, 2-4.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.
d) Admisión de variantes: non procede.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, contados desde a data da apertura das proposicións.
8. Apertura de ofertas:
a) Lugar: Secretaría Xeral da EGAP.
b) Dirección: rúa Madrid, 2-4.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.
d) Data e hora: terá lugar o acto público ás 12.00 horas do décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.
9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2013
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública