Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5575

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se exime da obriga de manter dous postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal o Consorcio As Mariñas.

O Consorcio As Mariñas formula proposta relativa á exención de manter dous postos reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

O artigo 7.2 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, establece: «Así mesmo, as mancomunidades de municipios e os consorcios locais poderán ser eximidos pola consellería competente en materia de réxime local, por proposta deles, logo de informe da deputación ou deputacións provinciais correspondentes, da obriga de manter postos propios reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, cando o volume de servizos xestionados ou recursos dispoñibles, segundo o último orzamento aprobado, sexa insuficiente manifestamente para o mantemento dos postos.

As funcións reservadas nas entidades que conten coa exención prevista no parágrafo anterior serán exercidas de xeito preferente polo sistema de acumulación previsto no artigo 44. Excepcionalmente, as ditas funcións serán desempeñadas polo persoal funcionario con habilitación de carácter estatal das entidades locais que as compoñen, ou, no seu defecto, polo servizo de asistencia da deputación provincial correspondente».

Na súa virtude, de acordo co establecido na disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, nos artigos 7 e 44 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición transitoria sétima da Lei 7/2007, e demais normativa de aplicación, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e a Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias,

DISPÓN:

Eximir da obriga de manter o posto de traballo de secretario do Consorcio As Mariñas e o posto de traballo de interventor do Consorcio As Mariñas, cuxa forma de cobertura será polo sistema de acumulación previsto no artigo 44 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnarse directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2013

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Entidade local: Consorcio As Mariñas.

Posto de traballo: secretaría.

Clase: segunda.

Subescala: secretaría.

Forma de provisión: exento de mantemento-acumulación.

Entidade local: Consorcio As Mariñas.

Posto de traballo: intervención.

Clase: segunda.

Subescala: tesouraría-intervención.

Forma de provisión: exento de mantemento-acumulación.