Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2013, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolve o expediente de clasificación de montes desta provincia 1/2012.

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 29 de xaneiro de 2013 na sala de xuntas da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, baixo a presidencia do xefe territorial, e coa asistencia dos vogais María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade, David Díaz Losada, José Antonio Rojo Fernández e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de non clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

Expediente número: 1/2012.

Denominación: Chandeiros.

Concello: O Incio.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 5 de febreiro de 2013

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo