Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2013, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este Xurado relativo ao expediente 45/80.

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial con data do 29 de xaneiro de 2013 figura o acordo seguinte:

Monte Segade, Costa de Vilar e de Cinza, Castelo, Cotón e Musgallón (expediente 45/80), pertencente aos veciños da parroquia de Orbazai, no termo municipal de Lugo, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 12 de xullo de 1982. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 20 de decembro de 2012, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Segade, Costa de Vilar e de Cinza, Castelo, Cotón e Musgallón, que queda cunha superficie de 110,73 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Dado traslado á comunidade propietaria, non consta oposición a esta proposta. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala, e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade con este.

Descoñecendo o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, e conforme o disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse no seu coñecemento o devandito acordo.

Lugo, 5 de febreiro de 2013

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo