Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5484

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Mezquita

ANUNCIO de información pública sobre a instalación temporal de planta de fabricación de formigón que se situará na Vilavella.

Hormigones Carral, S.L. solicita licenza municipal para a instalación temporal de planta de fabricación de formigón, auxiliar ás obras do Corredor Norte de Alta Velocidade Madrid-Galicia, tramo Lubián-Ourense, subtramo túnel da Canda-A Vilavella, que se situará no polígono 5, parcelas 92, 93, 99, 100, 101 e 102 na Vilavella. O que se fai público polo prazo de vinte días, de conformidade co establecido no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, para os efectos de información e alegacións de ser o caso.

A Mezquita, 14 de febreiro de 2013

Rafael Pérez Vázquez
Alcalde