Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5483

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación do cemiterio parroquial de San Lourenzo, na parroquia de Meixigo.

O Arcebispado de Santiago de Compostela solicitou licenza municipal para a ampliación do cemiterio parroquial de San Lourenzo, sito no lugar de San Lourenzo, 4-B, parroquia de Meixigo, termo municipal de Cambre. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, nas oficinas da Área de Urbanismo, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Cambre, 21 de xaneiro de 2013

P.D. (R.A. nº 1000, 17.6.2011)
Rocío Vila Díaz
Concelleira delegada da Área de Urbanismo e Medio Ambiente