Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5482

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dunha carpintaría metálica no polígono industrial do Espírito Santo.

Construcciones Metálicas Crugar, S.L. solicitou licenza municipal de apertura para unha carpintaría metálica sita na rúa Bell, nº 57, polígono industrial do Espírito Santo, parroquia de Cecebre, termo municipal de Cambre. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, nas oficinas da Área de Urbanismo, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulgen oportunas.

Cambre, 21 de novembro de 2012

P.D. (R.A. nº 1000, 17.6.2011)
Rocío Vila Díaz
Concelleira delegada da Área de Urbanismo e Medio Ambiente