Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5481

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barbadás

ANUNCIO de información pública sobre almacén e estratificados de poliuretano na Moura (A Valenzá).

José Gómez Fernández solicitou neste concello legalización da actividade de almacén e estratificados de poliuretano na Moura, A Valenzá.

Exponse ao público este edicto durante o prazo de vinte (20) días de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Todas as persoas que se consideren afectadas pola actividade poderán examinar o expediente na Secretaría deste concello, desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, e formular as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Barbadás, 29 de xaneiro de 2013

José Manuel Freire Couto
Alcalde