Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5485

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO polo que se fan públicos varios acordos do Pleno desta corporación municipal.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria do 14 de xaneiro de 2013, adoptou o acordo que ten o seguinte contido literal:

«1. Aprobar o prego de condicións económico-administrativas que rexerá a licitación para a adxudicación de dereito de arrendamento de tres vivendas de protección oficial de titularidade municipal en Torneiros mediante procedemento aberto.

2. Aprobar o expediente de contratación e dispoñer a apertura do procedemento de adxudicación, convocando licitación mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia, taboleiro de edictos do concello e demais formas de publicidade previstas no prego de condicións.

3. Rematado o prazo de presentación de ofertas, procederase a convocar a mesa de contratación para o exame das ofertas presentadas».

O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que xulguen convenientes no prazo de trinta (30) días, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.

O Porriño, 17 de xaneiro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde