Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5486

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de información pública sobre a instalación de subministración de gas natural vehicular de acceso libre na estación de servizo do polígono industrial.

Ángel Gonzalo Martín, que representa a Gas Natural Servicios SDG, S.A., solicitou neste concello licenza municipal para a instalación de subministración de gas natural vehicular de acceso libre na estación de servizo do polígono industrial situada na rúa Ricardo Martín Esperanza, número 12, deste concello. De conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do Concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar desde a última publicación, poida examinarse o expediente, na Secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 19 de decembro de 2012

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde