Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de febreiro de 2013 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario número 10/2013-4662/2012 no expediente de reposición da legalidade número IU3/1/2011, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, en relación co procedemento ordinario número 10/2013-4662/2012, interposto por Mª José Arias Sangiao, contra a resolución desestimatoria do recurso potestativo de reposición, ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística número IU3/1/2011, na cal se acorda arquivar o expediente de reposición da legalidade en relación coa posible parcelación urbanística no lugar de Gondai-San Xoán de Parada, concello de Outeiro de Rei, esta Dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázanse os herdeiros de José Soto López para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística