Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, da subministración dun sistema de busca de documentos para a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 09/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 09/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración dun sistema de busca de documentos para a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto do presente contrato será dun mes contado desde a data de formalización do contrato, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía. Neste prazo, os equipamentos que se subministren deberán estar instalados, configurados e postos en produción.

A entrega efectuarase no lugar indicado polo órgano de contratación, en Santiago de Compostela.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 128.000,00 euros (cento viente e oito mil euros), máis 26.880,00 euros (vinte e seis mil oitocentos oitenta euros) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 154.880,00 euros (cento cincuenta e catro mil oitocentos oitenta euros).

O dito importe está financiado nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e nun 20 % co Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Cidade da Cultura, Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18484

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará ás 14.00 horas do día que resulte de contar oito (8) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no Edificio Administrativo de San Caetano (luns a venres das 9.00 ás 19.00 horas e sábados das 9.00 ás 14.00 horas).

2. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa ao sobre B indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia