Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2012/71-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CT y RBT A Barrosa.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 1.152 metros de lonxitude, con orixe e final na LMT VLG809 Sanxenxo I, unha vez alimente o CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na Barrosa, Adina, concello de Sanxenxo. Dúas redes de baixa tensión, unha aérea e outra subterránea, de 560 e 160 metros de lonxitude respectivamente.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 26 de abril de 2012, no BOP do 24 de abril, no xornal Faro de Vigo do 13 de abril e no taboleiro de anuncios do concello de Sanxenxo. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite recibiuse a seguinte alegación:

Con data do 4.5.2012, Dionisio Martínez Peón presenta un escrito en que alega que nos predios da súa propiedade obxecto de expropiación non se pode situar o centro de transformación debido ao tipo de clasificación urbanística destas e ao Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Sanxenxo coas distintas ordenanzas e, en caso contrario, solicita a expropiación da totalidade do predio.

A empresa contesta que a obra que se pretende executar ten como finalidade incrementar a calidade de subministración da zona e evitar a existencia de irregularidades na subministración eléctrica e que o proxecto, así como a localización do centro de transformación, cumpre todos os requisitos formais e de carácter técnico exixidos pola lexislación vixente. No que se refire á valoración dos bens afectados pola expropiación, remítese ao artigo 156 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorizacións de enerxía eléctrica.

Á vista do exposto, cómpre dicir que as alegacións ao proxecto son de carácter urbanístico e esta xefatura territorial non ten competencias sobre elas, e que serán valoradas polo Concello no momento de outorgar as licenzas necesarias para a realización da actividade. Que nestas alegacións non existen limitacións de carácter técnico sobre prohibicións e limitacións á constitución da servidume de paso establecidas no título VII sobre autorizacións administrativas do Real decreto 1955/2000 e, con respecto á solicitude de expropiación da totalidade do predio, o alegante poderá solicitala unha vez iniciado o procedemento expropiatorio, de acordo co artigo 152 do citado real decreto.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados, así como aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/67, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra