Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5212

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública unha petición de autorización de instalación eléctrica no concello da Gudiña (expediente IN407A 2013/7-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento LMT AVE A Gudiña.

Situación: A Gudiña.

Características técnicas: LMT aérea de 40 metros de lonxitude, a 15 kV, con condutor LA-56 e orixe na LMT existente ao CT A Gudiña III (32CD94) e remate na LMT ao CT Bombeo A Gudiña (32PAA7).

Orzamento: 9.283,23 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 29 de xaneiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense