Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Rois (expediente IN407A 2012/195-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Lois Gómez Rogelio y José Manuel, S.C.

Domicilio social: Macedos, s/n, Urdilde, 15281 Rois.

Denominación: LMTS de 900 metros e CT 630 kVA.

Situación: Macedos, s/n, Urdilde, Rois.

Características técnicas: LMTS 20 kV, lonxitude de 900 metros e cable RHZ1 12/20 kV-3×240 Al; CT en caseta prefabricada de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400 V, refrixeración: ventilación natural.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña