Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a licitación do contrato de xestión de servizos públicos na modalidade de concerto denominado Organización do traballo remunerado e a formación ocupacional dos menores infractores internados en centros de reeducación, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 26/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: organización do traballo remunerado dos menores internados en centros de reeducación e a súa formación laboral en aplicación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro.

b) Lugares de execución: centros de reeducación de menores Avelino Montero, Concepción Arenal e Complexo Montealegre.

c) Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. O orzamento máximo de licitación previsto para a xestión do contrato estímase en cento trinta e cinco mil euros (135.000 euros). O dito importe esta cofinanciado polo Fondo Social Europeo nun 80 %, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 71.

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Social, Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 50 - 981 54 56 69.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 13, capacidade para contratar, ver cláusula 5.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo de San Caetano, s/n.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18435

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde 19.8.2009)
(Disposición adicional 9ª do Decreto 235/2012, do 5 de decembro;
Diario Oficial de Galicia do 7 de decembro)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar