Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 5051

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viana do Bolo

ANUNCIO de información pública sobre as propostas e memorias heráldicas do escudo e da bandeira.

Aprobadas polo Pleno do Concello, na súa sesión do 20 de decembro de 2012, as propostas e memorias heráldicas do escudo e da bandeira desta entidade local, sométese o expediente ao trámite de información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da presente publicación no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan formular as alegacións que xulguen adecuadas.

Viana do Bolo, 29 de xaneiro de 2013

Andrés Montesinos Rodríguez
Alcalde