Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 5052

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de subministración, mediante renting, dun camión con guindastre para o servizo de vías e obras públicas deste concello.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: subministración, mediante alugamento con mantemento (renting), dun camión con guindastre de carga.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución (meses): 36.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo (sen IVE): 124.486,56 €; IVE 21 %: 26.142,18 €; total: 150.628,74 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa; praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa, teléfono: 986 09 92 00, fax: 986 50 34 27, páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: quince (15) días contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou Diario Oficial de Galicia. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula 12 e seguintes do prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si. Anexo IX do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura do sobre C. Entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo IA) do prego, circunstancia que lles será comunicada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xere a licitación do contrato serán por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 21 do prego.

Vilagarcía de Arousa, 11 de febreiro de 2013

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde