Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 5054

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2013 polo que se fai pública a resolución pola que se anuncia o prazo de reserva de praza, preinscrición de novo ingreso e matrícula das escolas infantís.

De conformidade coa Resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do 28 de xaneiro de 2013, anúnciase o prazo de reserva de praza, preinscrición de novo ingreso e matrícula de usuarias/os da Rede de Escolas Infantís de Galicia que se detallan na dita resolución para o curso escolar 2013/2014.

A resolución correspondente a esta convocatoria está exposta na sede do consorcio e na súa páxina web www.igualdadebenestar.org, así como no taboleiro de edictos dos concellos e das escolas infantís.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2013

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar