Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 5055

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario

ANUNCIO polo que se convoca a concesión da Medalla de Honra correspondente a 2013.

A Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario convoca a concesión da Medalla de Honra correspondente ao ano 2013.

A Academia instituiu con carácter honorífico a devandita medalla.

Poderalles ser concedida a aquelas persoas ou entidades de carácter público ou privado que máis destaquen no cultivo, fomento, protección, defensa etc., nalgún dos eidos das Belas Artes relacionados con Galicia.

Para participar na convocatoria será preceptivo formular, dentro do prazo de trinta días naturais a partir da publicación deste anuncio, proposta asinada por calquera persoa ou entidade relacionada coa arte, acompañada da oportuna relación de méritos e circunstancias que ao seu xuízo xustifique a proposta.

A concesión da Medalla de Honra farase pública o día do seu outorgamento e a entrega efectuarase coa debida solemnidade.

Para máis información, poderán dirixirse á Secretaría da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario; praza do Pintor Sotomayor, s/n, 15001 A Coruña.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2013

María de las Mercedes Goicoa Fernández
Presidenta da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario