Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 5050

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun supermercado na Torre, parroquia de Lago.

Cooperativa Agraria Santiago de Lago solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a apertura dun supermercado sito no lugar da Torre, nº 8, parroquia de Lago. En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello. A apertura do trámite de información pública notificaráselles persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da localización proposta, para efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

Valdoviño, 19 de xaneiro de 2013

José Antonio Vigo Lago
Alcalde