Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 5047

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2013 pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto do servizo de vixilancia da saúde do persoal deste concello.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: infraestructuras@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2250.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de vixilancia da saúde do persoal do Concello de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: dous (2) anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 85100000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 76 puntos.

– Médicos do traballo: 9 puntos.

– Médicos doutras especialidades: 6 puntos.

– Melloras gratuítas: 6 puntos.

– Unidade móbil debidamente equipada: 3 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 120.000,00 euros (duración total do contrato e posibles prórrogas).

b) Importe neto polos dous anos: 60.000,00 euros. Importe total: 60.000,00 euros. (30.000,00 euros/ano).

5. Garantías exixidas:

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído referido ás dúas primeiras anualidades.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo N, subgrupo 1, categoría a.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: dous (2) meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense; praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 13 de febreiro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde