Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 5043

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2013 pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto, dunha póliza de seguros de responsabilidade civil deste concello.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: infraestructuras@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2249.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: privado.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, dunha póliza de seguros de responsabilidade civil do Concello de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: praza Maior, 1.

2) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Prazo de execución: dous (2) anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 66516000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 80 puntos.

– Rebaixa da franquía xeral: 10 puntos.

– Melloras gratuítas: 10 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 504.824,00 euros (duración total do contrato e posibles prórrogas incluídas).

b) Importe neto polos dous anos: 252.412,00 euros. Importe total: 252.412,00 euros. (126.206,00 euros/ano).

5. Garantías exixidas:

a) Definitiva: 5 % do importe da adxudicación do contrato, IVE excluído referido ás dúas primeiras anualidades.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no Boletín Odicial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: dous (2) meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, número 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 13 de febreiro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde