Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 4923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o Proxecto sectorial do ramal MOP = 16 bar Salceda de Caselas-Salvaterra de Miño, promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. e declarado como de incidencia supramunicipal por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 31 de xaneiro de 2013.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa xuntanza do 31.1.2013, declarar a incidencia supramunicipal do proxecto sectorial do Ramal MOP = 16 bar Salceda de Caselas-Salvaterra de Miño, promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A., para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 13.2 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, segundo o cal os plans e proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal someteranse, polo prazo mínimo dun mes, ao trámite de información pública, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios dos de maior circulación na Comunidade Autónoma, e ao trámite de audiencia aos concellos afectados,

RESOLVE:

Someter a información pública o proxecto sectorial do Ramal MOP = 16 bar Salceda de Caselas-Salvaterra de Miño, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 31.1.2013, por un prazo dun mes contado a partir da última das dúas publicacións que se farán desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia.

Os interesados disporán do citado prazo dun mes para examinar o devandito proxecto sectorial na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria e nos dous concellos afectados da provincia de Pontevedra (Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño), e presentar ante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas