Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 4925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización dos contratos do servizo de limpeza dos centros educativos CEE María Mariño, do concello da Coruña, e CPI As Revoltas, do concello de Cabana de Bergantiños.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público; Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Subdirección Xeral de Centros. Servizo de Centros.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 79, do 25 de abril de 2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza integral das instalacións educativas do CEE María Mariño, do concello da Coruña (expediente ED-02/2012-DXCRH), e do CPI As Revoltas, do concello de Cabana de Bergantiños (expediente ED-03/2012-DXCRH).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

CEE María Mariño: 51.034,46 euros, IVE excluído.

CPI As Revoltas: 83.431,26 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

CEE María Mariño.

a) Data de adxudicación: 30 de novembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 30 de novembro de 2012.

c) Contratista: Limpiezas San Froilán, S.L.

d) Importe de adxudicación: 43.107,88 euros, IVE excluído.

CPI As Revoltas.

a) Data de adxudicación: 25 de xaneiro de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 31 de xaneiro de 2013.

c) Contratista: Limpergal, S.L.

d) Importe de adxudicación: 72.696,00 euros, IVE excluído.

Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas ao obteren a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2013

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria