Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 4841

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 240/2012, interposto por Montserrat García Cedrón.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 240/2012, interposto por Montserrat García Cedrón, contra a Resolución do 13 de abril de 2012 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de abril de 2012, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 72, do 13 de abril).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública