Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 4840

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 106/2012-2J, interposto por Carmen Teresa Prado Santos e Josefina Goas Basanta.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 106/2012-2J, interposto por Carmen Teresa Prado Santos e Josefina Goas Basanta, contra a Resolución do 27 de decembro de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de decembro de 2011, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 8, do 12 de xaneiro de 2012).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública