Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (196/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 196/2011 a instancia de Ana Belén Trillo Castelo contra a empresa Disegal, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 24.1.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Ditame:

Estímase a demanda interposta por Ana Belén Trillo Castelo fronte a Disegal, S.L. e, en consecuencia, condénase a Disegal, S.L. a aboar á demandante a cantidade de seis mil douscentos corenta e cinco euros con cincuenta e catro céntimos de euro (6.245,54 euros), devindicando os conceptos salariais xuros moratorios do 10 %.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Disegal, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial