Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4648

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (62/2012).

Número de autos: DSP 871/2011 do Xulgado do Social número 1.

Que neste Xulgado do Social número 1 se tramita execución de títulos xudiciais 62/2012, por instancia de Ana María Barrio Lamas, contra La Casa de Muriel, S.L., con domicilio en Alcalde Marchesi, 14B, 15006 A Coruña, no cal, por resolución desta data, se acordou sacar a pública poxa o ben que máis abaixo se dirá, sinalándose para que teña lugar no próximo día 2 de abril de 2013 ás 12.00 horas, coas condicións seguintes:

Primeiro. Que os licitadores, a excepción do executante, para tomar parte na poxa, deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado na conta de depósitos e consignacións deste tribunal, ou de ter prestado aval bancario, polo 20 por 100 do valor de taxación dos bens obxecto da poxa, facendo constar, se é o caso, se se fai en nome de terceiro.

Segundo. Que poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización facéndose o depósito a que se fixo mención anteriormente.

Terceiro. Que poderá facerse posturas superiores ao 50 por 100 da valoración, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

Cuarto. Que non se poderá proceder á inmediata aprobación do remate se a cantidade ofrecida non superar o 50 por 100 do valor de taxación, ou sendo inferior, non cubrir, polo menos a cantidade pola que se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas.

Quinto. Que unicamente o executante ou os responsables legais solidarios ou subsidiarios poderán concorrer reservando para si a facultade de ceder o remate a un terceiro, podendo tomar parte na poxa, só cando existan licitadores, mellorando as posturas que se fixeren.

Sexto. En caso de que a poxa quede deserta, só o executante ou, no seu defecto, os responsables legais solidarios ou subsidiarios terán o dereito a adxudicar para si o ben polo 30 por cento da valoración do ben.

Sétimo. Para o suposto en que a notificación da sinalización ao executado resultar negativa por encontrarse en ignorado paradoiro, sirva o presente de notificación edictal.

Ben que se saca a poxa e valor:

Vehículo matrícula 5560DFC, marca Mercedes, modelo E270, número de bastidor WDB2110161A732829. Valorado en 10.080 euros.

Despositario: La Casa de Muriel, S.L.

Lugo, 25 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial