Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2012/483-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese practicar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Xefatura Territorial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: RL 2012/483-1.

Acta inf. nº: I152012000130511.

Empresa: Galicia Saudade, S.L.

NIF: B36445641.

Enderezo: avenida Rosalía de Castro, 5, 1º D. 36860 Ponteareas.

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigo 37 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 37 e 38 do convenio colectivo para a actividade de axuda a domicilio de Galicia.

Tipificación: artigos 5.1 e 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.1 e 2 e 40.1.b) do dito texto legal (dúas faltas graves en grao mínimo por importe de 626 cada unha delas).

Proposta de sanción: 1.252 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2013

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña