Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 d e xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2012/463-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de novembro).

Expediente nº: RL 2012/463-1.

Acta inf. nº: I152012000126467.

Empresa: Mugue Novias, S.L.

NIF: B70224530.

Enderezo: praza do Toural, l. 15705 Santiago de Compostela.

Materia: seguridad e hixiene (falta de organización preventiva).

Normativa infrinxida: artigos 14.2, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, en relación cos artigos 2, 3, 4, 8 e 9 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Tipificación: artigos 12.1 e 6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.1 e 3 e 40.2.b) do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 17.12.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Mugue Novias, S.L. unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

A Coruña, 25 de xaneiro de 2013

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña