Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Melide (expediente IN407A 2012/131).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Eléctrica Fuciños Rivas, S.L.

Domicilio social: r/ Rocamador, 2, 15800 Melide.

Denominación: LMTS, CT, Campos I ao CT Campos II e CCTT en Campos I e Campos II.

Situación: Melide.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, baixo tubo Ø 160 m, a 20 kV (inicialmente a 15 kV), de 119 metros de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al, coa orixe no paso aerosubterráneo proxectado sobre o novo apoio de formigón tipo HVH 2500/15 que se instalará na liña aérea existente denominada derivada a Campos, e remate no novo CT de Veiga (Campos I).

Liña de media tensión soterrada, baixo tubo Ø 160 m, a 20 kV (inicialmente a 15 kV), de 1.271 metros de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al, coa orixe no novo CT de Veiga (Campos I) e remate no novo CT que se vai construír no lugar de Gudín (Campos II).

Novos CT denominados Campos I, cunha configuración 3L+1P, e Campos II, cunha configuración 2L+1P, tipo caseta prefabricada de formigón modular, de 250 kVA de potencia e relación de transformación 15-20/0,4-0,23 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, nas cales as características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 20 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña