Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2013/11-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: r/ Virgen de la Luz, nº 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: centro de manobra Fozara.

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: centro de manobra (CM) intercalado na LMT derivación 1 a Toutón, coa seguinte distribución: 1 cela entrada derivación 1 a Toutón, 1 cela interruptor automático saída derivación 1 a Toutón, 1 cela interruptor automático saída Fozara-Eléctrica de Cantoña, S.L. e 1 cela medida de tensión en Barras. Realízase a entrada e a saída ao CM proxectado da LMT derivación 1 Toutón en subterráneo mediante 25 metros de entrada e 25 de saída con condutor RHZ1. A instalación está situada en Fozara, Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra