Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Luns, 18 de febreiro de 2013 Páx. 4677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador a José Pazos Fernández, co número IN635C 2012/58.

De conformidade co artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ao non poder facelo polo conduto habitual, procédase, a través da exposición no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo e da publicación no DOG, á notificación do acordo de incoación de expediente sancionador en materia de industria a José Pazos Fernández, con domicilio ultimamente coñecido na rúa Valladolid, 15, 36205 Vigo.

Pónselle de manifesto que, antes de que a instrutora dite proposta de resolución, poderá formular, no prazo de quince días hábiles, a partir da notificación do presente escrito, as alegacións e achegar as probas que considere pertinentes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, todo isto de conformidade cos artigos 134 e 138 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), e os artigos 8, 13 e 24 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Así mesmo, ponse de manifesto o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria, sitas en avda. Fernández Ladreda, núm. 43, 5ª planta (Asesoría Xurídica), 36003 Pontevedra.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra