Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4492

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2013 pola que se fai pública a modificación de denominación dunha praza de profesorado universitario.

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, na su sesión do 27 de abril de 2012, acordou, logo de petición do interesado, cos informes favorables dos departamentos correspondentes e examinada a solicitude razoada e o seu currículo, o cambio de denominación da praza de profesorado universitario que se relaciona no anexo. Este acordo foi executado por Resolución reitoral do 10 de setembro de 2012.

En aplicación do dito acordo, resolvo facer pública a modificación da praza do profesorado universitario que se relaciona e segundo se detalla no anexo.

Insírase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Apelidos e nome

Corpo docente

Área de orixe

Área de destino

González García, Francisco

Catedrático de universidade

Fisioloxía

Oftalmoloxía