Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4489

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2013, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publica a acta de adhesión ao pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (Diario Oficial de Galicia do 9 de maio de 2011).

No marco da mesa sectorial de negociación do Servizo Galego de Saúde, en reunión que tivo lugar o día 28 de xaneiro de 2013, acadouse un acordo unánime sobre a adhesión da coalición sindical CESM-O´Mega e da organización sindical SATSE ao pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (DOG do 9 de maio de 2011).

As solicitudes de adhesión baséanse en que o pacto de 2009 está asinado por CEMSATSE. A dita coalición no se presentou ás eleccións sindicais de 2011, e polo tanto, decaeu a súa representación como tal na mesa sectorial e nas xuntas de Persoal.

A dita adhesión debe ser publicada para o seu xeral coñecemento.

En consecuencia,

RESOLVO:

Dispoñer a publicación da acta de mesa sectorial do 28 de xaneiro de 2013, que figura como anexo, pola que se acepta a adhesión da coalición sindical CESM-O´Mega e da organización sindical SATSE ao pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (DOG do 9 de maio de 2011).

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde

ANEXO
Acta de adhesión ao pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (DOG do 9 de maio de 2011)

En Santiago de Compostela, ás 14.45 horas do día 28 de xaneiro de 2013, no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, logo da convocatoria realizada para tal efecto, e vista a solicitude formulada por CESM-O´Mega, de adhesión ao pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (DOG do 9 de maio de 2011), as partes acordan por unanimidade:

1. Aceptar a adhesión de CESM-O´Mega ao pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (DOG do 9 de maio de 2011).

2. Aceptar a participación de CESM-O´Mega e de SATSE nas comisións de seguimento do citado pacto. Ambas as dúas asumen os acordos adoptados con anterioridade polas citadas comisións.

Pola Administración:

Margarita Prado Vaamonde, directora de Recursos Humanos.

Félix Rubial Bernárdez, director de Asistencia Sanitaria.

Alberto López Suárez, subdirector xeral de Relacións Laborais, Réxime Xurídico e Recursos e Reclamacións.

Mª Jesús Rúa Moure, subdirectora xeral de Xestión e Políticas de Persoal.

Mercedes Castro Seijas, subdirectora xeral de Planificación, Selección e Desenvolvemento Profesional.

María Ponte García, xefa do Servizo de Relacións Laborais.

Javier García Caeiro, xefe de sección de Relacións Laborais.

Polas organizacións sindicais:

Mª Xosé Abuín Álvarez (CIG).

Susana Méndez Rodríguez (CIG).

Lois Méndez Pérez (CIG).

Victor Vila López (CIG).

José M. Blanco Docanto (CESM-O´Mega).

Cándido Andión Núñez (CESM-O´Mega).

J. Víctor Crespo Comesaña (CESM-O´Mega).

Manuel Rodríguez Piñeiro (CESM-O´Mega).

Javier Martínez Fente (UGT).

Luis Jerez Couselo (UGT).

Eliseo Rivas Pernas (UGT).

Carlos Botana Albá (CSI-CSIF).

Daniel Otero Castiñeira (CSI-CSIF).

David Dios Núñez (CSI-CSIF).

Ángel Cameselle Corbacho (CC.OO.).

Emilia Lamas Seoane (CC.OO.).

Araceli Loureiro Sousa (CC.OO.).

Carmen García Rivas (SATSE).

Pilar Oviedo González (SATSE).

Mª Teresa Joaquín Oviedo (SATSE).