Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4487

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2013, do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo nos meses de outubro, novembro e decembro do ano 2012, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2013

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo nos meses de outubro, novembro e decembro do ano 2012

Convenio

Importe aportado
polo IGVS

Data
sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Poio para cesión dunha vivenda sita na rúa Portugal, 5, en Monteporreiro-Pontevedra no programa de erradicación de chabolismo.

Sen contía económica

12.12.2012

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Poio para cesión de dúas vivendas, predio e edificacións anexas no programa de erradicación de chabolismo.

Sen contía económica

9.10.2012

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Vigo, mediante o que se modifican os estatutos do Consorcio do Casco Vello de Vigo.

Sen contía económica

17.10.2012

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e Novagalicia Banco para desenvolver a recadación do programa de facturación das vivendas de promoción pública de Galicia e dos ingresos e devolucións derivadas do depósito e cancelación de fianzas no IGVS.

241.488,00 €

26.10.2012

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), e a Fundación Laboral da Construción para a creación en Santiago de Compostela do centro estatal de formación en rehabilitación da Fundación Laboral da Construción.

430.000,00 €

7.11.2012