Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2013 Páx. 4389

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1180/2011).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1180/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Antonio Rodríguez Gómez contra a empresa Transportes Óscar Jartín Sueiro, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame din:

«Autos 1180/2011.

A Coruña, 10 de setembro de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento, por instancia de José Antonio Rodríguez Gómez, que comparece representado pola letrada señora López Prado, contra a empresa Transportes Óscar Jartín Sueiro, S.L., que non comparece, ditou a seguinte sentenza:

Decido que estimando a demanda interposta por José Antonio Rodríguez Gómez contra a empresa Transportes Óscar Jartín Sueiro, S.L., declaro improcedente o despedimento do que foi obxecto o 17 de outubro de 2011 e condénoa a que, no prazo de cinco (5) días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade, salvo erro ou omisión, de trescentos sesenta e sete euros e trinta e un céntimos (367,31 euros); con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de dezanove euros e cincuenta e nove céntimos (19,59 euros) diarios; debendo poñer en coñecemento do xulgado no prazo antes citado, se opta ou non pola readmisión.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberá acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Óscar Jartín Sueiro, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial