Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4229

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de aprobación de modificacións no Plan xeral do concello.

O Pleno da Corporación, en sesión do 6 de febreiro de 2013, prestou aprobación ao documento do Plan xeral do Concello de Baiona, redactado pola consultora Interurban, S.A. pola existencia de modificacións substanciais respecto do documento do Plan xeral aprobado inicialmente o 24 de novembro de 2008, polo que, consonte o disposto no artigo 85.8 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, procede a súa exposición ao público polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Baiona, 7 de febreiro de 2013

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde