De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlle mediante esta cédula a José Carlos Fernández Rodríguez o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia, do 15 de novembro de 2012, que fixa o prezo xusto do predio número 13 sito en Maside, relativo ao proxecto 00970 (expediente 2010/005111), cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2013
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 00970 LMT. Dacón-Fonteboa. Expediente IN407A 07/84-3 AT. TM Maside.
Nº expediente: 2010/005111.
Persoa que se vai notificar: José Carlos Fernández Rodríguez.
Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Ourense.
Expropiado: José Carlos Fernández Rodríguez.
Beneficiario: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Predio nº: 13.
Concello: Maside.
Provincia: Ourense.
Valoración resolución do Xurado: 326,46 €.