Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4230

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de información pública relativo a un depósito de vehículos con taller e oficinas.

En cumprimento do disposto no punto 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente número 2012/047/3 que se tramita a instancia de José Ramón Calvo Criado, en representación de Record Rent a Car, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de depósito de vehículos con taller e oficinas, que se instalará na parcela B-1, do polígono industrial de Bergondo, deste termo municipal.

Durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público no Servizo de Urbanismo deste Concello co fin de quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se for o caso, as alegacións ou observacións que teña por convenientes.

Bergondo, 22 de marzo de 2012

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa