Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4135

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a potenciación do turismo mediante a mellora de establecementos restaurantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG núm. 124, do 29 de xuño de 2012), modificada pola Resolución do 9 de outubro de 2012 (DOG núm. 197, do 16 de outubro).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 04.80.761A.770.0, código de proxecto 2007 00372, ao abeiro da Resolución do 22 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a potenciación do turismo mediante a mellora de establecementos restaurantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012. Estas subvencións está cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a través do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 161 PO 005, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 30 de novembro de 2007.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2013

P.D. (Resolución 29.1.2013)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación

ANEXO
Subvencións destinadas á potenciación do turismo mediante a mellora de establecementos restaurantes

Beneficiario

Descrición da actuación

Importe da subvención

Martín González Rey

Ampliación de tecnoloxías e sistema de organización.

1.661,31

Clotilde Domínguez González

Calefacción e caldeiras, aire acondicionado, forno mixto, suplemento forno, cociña industrial.

8.682,92

Asunción Castro Carro

Mellora de aparcadoiro (execución capa de rodaxe, medición e pintado).

6.468,57

José Fajardo, S.L.

Mellora de instalación e espazos coa substitución de pavimentos, falsos teitos, instalación de fontanaría e electricidade, coa mellora de acabados así como reforma de baños en zona de salóns. Mellora da páxina web con feira virtual e blog promocional.

50.017,28

Candal Bouza, S.L.

Cambio de revestimentos, adecuación da terraza exterior, cambio de maquinaria industrial, mellora no sistema de iluminación (exclúense as partidas 02.02, 03.01, 05.07, 07.07, 08.03, o capítulo 10 e as partidas 11.13 e 11.14 da obra de acondicionamento) e instalación cociña.

60.334,45

Candal Bouza, S.L.

Cambio de revestimentos, reformas nas fachadas, execución de aseo minusválidos, cambio de maquinaria industrial de cociña, mellora no sistema de iluminación (excepto as partidas 05.06, 15.14 das obras de acondicionamento, e a serra de osos, o corta friame, a picadora carne e a envasadora).

54.545,59

Montserrat Grela Martínez

Renovación e acondicionamento de aseos e baños, redistribución da zona de almacén, servizos e vestiarios, reforma da instalación de electricidade, saneamento e fontanaría e rede de saneamento exterior.

36.570,06

José Tomé Ramos

Modernización cociña.

2.821,90

Fogón Retiro da Costiña, S.L.

Renovación e mellora da cociña.

11.590,02

Mesón Restarante A Fonte, S.L.

Reforma da cociña: colocación dun panel de aceiro inoxidable na parte traseira dos fogóns.

957,98

Lara Valenti

Ampliación do local agregando unha dependencia anexa para uso de almacén e obradoiro.

1.101,09

O Lar de Foz, C.B.

Melloras de accesibilidade, mellora nos aseos e ampliación de tecnoloxías e do sistema de organización.

3.308,64

Mary Sol Rodríguez Rivas

Reforma de aseos, desmontaxe de peche perimetral do comedor, reforma de ocos de fachada e acondicionamento interior da parte do bar e adquisición e instalación de equipamento.

33.044,75

Manzaneda Estación Invernal, S.A.

Melloras no establecemento de restauración situado a pé de pista.

145.274,25

María Pilar Estévez González

Renovación da cociña.

1.213,45

Nautales Vigo, S.L.

Obras de conservación e equipamento.

54.025,56

O Eirado da Leña, S.L.

Remodelación e ampliación de tecnoloxías: revestimento chan, pintura e papel en paredes e software de xestión e elementos informáticos.

1.643,88

Restaurante Cafetería Juan, S.L.

Ampliación de tecnoloxías.

1.389,66

Restaurante Cafetería Juan, S.L.

Acondicionamento de aparcadoiro e acondicionamento do xardín.

4.478,41

Marisquería Arcade, C.B.

Melloras no restaurante marisquería, adquisición e instalación de equipamento así como sistema de iluminación para a substitución e mellora do existente.

4.722,06

Restaurante O Fogón da Ría, S.L.

Substitución, adquisición e instalación de grella con accesorio e diferente equipamento industrial na cociña do establecemento.

5.588,23