Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4138

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a mellora de albergues turísticos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007–2013 (DOG número 101, do 29 de maio de 2012).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 04.80.761A.770.0, código de proxecto 2007 00372, ao abeiro da Resolución do 22 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a mellora de albergues turísticos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012. Estas subvencións está cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a través do programa operativo do Feder de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 161 PO 005, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 30 de novembro de 2007.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2013

P.D. (Resolución 29.1.2013)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación

ANEXO
Subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a mellora
de albergues turísticos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia

Beneficiaria

Descrición da actuación

Importe da subvención 2012

Importe da subvención 2013

Alvarella Ecoturismo, S.L.

Compra de cadeiras e banquetas

585,01 €

-

A Casa do Tilo, S.L.

Instalación de placas solares e acumulador

1.603,59 €

-

Ángela Lago Aira

Mellora e modernización de instalación de subministración de auga potable. Instalación enerxía solar térmica para xeración de aqs

2.555,18 €

9.272,50 €

Km 108, S.L.

Ampliación posterior en edificio de planta baixa e alta para servizos e dormitorios

1.864,40 €

11.015,52 €