Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4132

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a empresas privadas para incentivar o turismo mediante a mellora de establecementos hoteleiros do grupo I e creación ou mellora da oferta complementaria de establecementos hoteleiros do grupo I existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007–2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 124, do 29 de xuño de 2012), modificada pola Resolución do 9 de outubro de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 197, do 16 de outubro).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo a aplicación orzamentaria 04.80.761A.770.0, código de proxecto 2007 00372, ao abeiro da Resolución do 22 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a empresas privadas para incentivar o turismo mediante a mellora de establecementos hoteleiros do grupo I e creación ou mellora da oferta complementaria de establecementos hoteleiros do grupo I existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012. Estas subvencións está cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a través do programa operativo do Feder de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 161 PO 005, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 30 de novembro de 2007.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2013

P.D. (Resolución do 29 de xaneiro de 2013)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación

ANEXO
Subvencións a empresas privadas para incentivar o turismo mediante a mellora de establecementos hoteleiros do grupo I e creación ou mellora da oferta complementaria de establecementos hoteleiros do grupo I existentes na Comunidade Autónoma de Galicia

Beneficiario

Descrición da actuación

Importe da subvención 2012

Importe da subvención 2013

Hotel de Natureza A Miranda, S.L.

Mellora do illamento e acondicionamento acústico dos cuartos

2.379,29 €

 

Hostelería Costa Miño, S.L.

Mellora das instalacións de fontanaría e electricidade, redución da contaminación acústica, pintado da zona de comedor

6.572,59 €

 

María del Pilar Insua Romero

Instalación de climatización e instalación de pechaduras electrónicas

35.267,20 €

 

Promotora de Hostelería Gallega, S.L.

Instalación solar térmica

15.237,97 €

 

Restauración do Sar, S.L.

Reforma da fachada do hotel e substitución de colchóns, somieres, patas e almofadas

11.815,70 €

 

Promoción Rural Artes, S.A.

Instalación de paneis solares

7.580,24 €

 

Balmimesa

Reforma parcial dos servizos de cociña do hotel e implementación do equipo de reserva

10.722,80 €

 

Hotel Balneario Augas Santas, S.L.

Incorporación de elementos de contraste zona colectiva, ducha panorámica; sistema de videovixilancia e seguridade interior e exterior, cuberta térmica para piscina exterior, batería para quecemento da auga producida por paneis solares e caldeira de biomasa, centraliña telefónica dixital

9.214,17 €

 

Hotel Balneario Augas Santas, S.L.

Instalación fotovoltaica de 20 kW

21.411,74 €

 

Balneario y Termas de Lugo, S.L.

Instalación dunha plataforma hidráulica na entrada principal, ampliación de volume destinado a salón social, actuacións arqueolóxicas, mellora da comunicación vertical, construción dunha piscina exterior, dotación dun novo núcleo de aseos e ampliación de catro dormitorios

92.422,30 €

100.942,55 €

Antonio Maseda Silva

Instalación de pistas de pádel, parque infantil e merendeiro

30.506,18 €

 

Pousada Vilavella, S.L.

Instalación de calefacción de biomasa

14.449,58 €

14.449,58 €

Pousada Vilavella, S.L.

Instalación dun sistema de deshumectación no spa

3.056,60 €

3.056,60 €

Balneario de Molgas, S.L.

Ampliación de calefacción e produción de auga quente sanitaria, actualización da instalación de bombeo de auga e cambio parcial de carpintaría exterior

42.014,92 €

42.014,92 €

Hotel El Ciervo, S.L.

Melloras en instalacións e instalación de ascensor

12.425,88 €

12.425,88 €

Promociones de Alojamientos Orensanos, S.A.

Substitución da arrefriadora do sistema de climatización, cambio dos colchóns nos cuartos

29.753,15 €

 

Hotel Restaurante Glasgow, C.B.

Instalación de climatización

70.953,98 €

 

Aryerep, S.L.

Implantación de motor de reservas e substitución de colchóns

7.354,47 €

 

Davandoira, S.L.

Obras de eliminación de barreiras arquitectónicas e de mellora e modernización das instalacións do hotel

15.531,35 €

 

Hotel Nuevo Astur, S.L.

Instalación dun panelador móbil no comedor do hotel

12.893,81 €

 

La Toja, S.A.

Reforma de parque infantil e reposición de bañeira no balneario

14.952,11 €

 

Inversiones Marapa, S.L.

Instalación de aire acondicionado, spa ximnasio, traballos en barra de hotel, pintura de salón-comedor, equipamentos varios (cociñas cuartos, caixas fortes, e rego, switch, programación rede wifi)

38.867,79 €

38.867,79 €

Vermar Empresa de Turismo, S.L.

Instalación fotovoltaica de 20 kW

22.520,67 €

 

Oca Hoteles, S.L.

Bañeira termal

1.605,50 €

 

Termas de Cuntis, S.L.

Reforma edificación servizos complementarios do hotel balneario

96.223,05 €

96.223,05 €

Hotel Troncoso, S.L.

Implantación de tecnoloxías para a mellora da xestión hoteleira, reforma de 7 dormitorios para facelos accesibles, piscina accesible

9.729,41 €

29.188,24 €

Castro y Tizón, S.L.

Implantación de programa de xestión hoteleira e equipamento informático, e obras de mellora da accesibilidade

11.037,69 €

 

Node, S.L.

Reforma de 4 cuartos para mellorar as condicións de accesibilidade e remodelación e modernización de 29 cuartos

32.189,27 €

32.189,27 €

Las Tres Luces Hotel, S.A.

Instalación de plataforma salvaescaleiras

5.567,00 €

 

Las Tres Luces Hotel, S.A.

Equipamento para cuartos: cambio de colchóns, canapés e almofadas

24.187,00 €

 

Coia Hotel Tur, S.A.

Equipamento para cuartos: cambio de colchóns e canapés, e instalación de 950 lámpadas led e 450 tubos led

3.800,00 €

14.528,35 €

Hotel Rompeolas, C.B.

Equipamento para cuartos e espazos comúns no establecemento Hotel Rompeolas, segundo orzamento de El Corte Inglés exceptuando o seguinte equipamento: espellos marco madeira do capítulo I, as TV, caixas forte, repousa maletas, papeleiras, cadros de lienzo e todo o equipamento de baños do capítulo III, os capítulos IV e V íntegros e as cortinas, alfombras e coxíns do capítulo VI

29.009,37 €

 

Gestión Hotelera Noroeste, S.L.

Construción dunha rampla para acceso á recepción. Creación de piscina para cativos, circuíto dinámico de auga, zona de maiores, ampliación do circuíto dinámico con pediluvio.Cambio de motor de gasoil por un de gas natural na planta de coxeneración eléctrica e cambio de caldeiras de gasoil por gas natural. Creación de nova web

43.034,57 €

156.965,43 €

Ciudad de Vigo, S.L.

Creación dunha zona wellness, acondicionando a terraza como solarium e nunha zona cuberta instalar un jacuzzi e baño de vapor

19.966,82 €

 

Ciudad de Vigo, S.L.

Mellora do mobiliario e equipamento dos cuartos

15.167,70 €

 

Ciudad de Vigo, S.L.

Instalación dun sistema de enerxía solar para abastecemento de auga quente sanitaria

15.168,07 €