Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4169

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (5/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 5/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Laciana Minerva, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Aurelio López Arias, sobre seguridade social, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 18 de xaneiro de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre incapacidade temporal (determinación de continxencia) 5/2011, sendo demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, coa representación do letrado Sr. Estébanez Juega, e demandados Aurelio López Arias, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Regueira Rodríguez, e a empresa Laciana Minerva, S.L.

Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Aurelio López Arias, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), así como contra a empresa Laciana Minerva, S.L. e, en consecuencia, absolvo as entidades demandadas de cantas pretensións se exerceron na súa contra en méritos deste procedemento.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada-xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Laciana Ninerva, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial