Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4168

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (887/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por medio do presente e en virtude do acordado en resolución de vinte e cinco de xaneiro de dous mil trece, ditada no proceso seguido por instancia de Luis Alberto Martínez Castro contra Transportes José Carlos Vázquez Carral, rexistrado co número 887/2012, acordouse citar a Transportes José Carlos Vázquez Carral, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 15 de marzo de 2013, ás 12.15 horas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na Sala de Vistas deste Xulgado do Social número 1, sito na rúa Armando Durán, núm. 1, 4º andar, de Lugo, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia, co apercibimento que recolle o artigo 59 da LRXS para os efectos de posteriores comunicacións.

E para que sirva de citación a Transportes José Carlos Vázquez Carral, expídese esta cédula para a súa remisión ao Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 28 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial