Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se acepta a avinza celebrada entre a comunidade do monte veciñal en man común de Xugo da Bola, en Dadín, e propietarios particulares, no concello do Irixo (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión celebrada no día 10 de decembro de 2012, en relación coa avinza celebrada entre a comunidade do monte veciñal en man común de Xugo da Bola (pertencente a Dadín) e propietarios particulares, no concello do Irixo (Ourense), examinada a documentación presentada, resolveu aceptar o acordo acadado declarando as parcelas 204, 205, 206, 207, 208, 209, 210, 211, 212, 213, 214, 215, 216, 217 e 218 do polígono 37, no concello do Irixo, de titularidade particular por existir un erro material na clasificación inicial do monte, e publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do disposto no artigo 54.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta resolución, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como, na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 28 de xaneiro de 2013

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense