Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Armadores de Transporte de Viaxeiros (Agartravi).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentáronse os novos estatutos da Asociación Galega de Armadores de Transporte de Viaxeiros (Agartravi), en que se recollen as modificacións aprobadas na asemblea xeral extraordinaria do 25 de outubro de 2012, entre elas a que afecta o domicilio social, que pasa a ser na rúa Montiño A, nº 15, baixo, O Grove.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social