Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012261TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 19 de decembro de 2012, a Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2012261TA-CO incoado a J. Diego Mouzo Santos y Verónica I. Quintan Cardama, S.C.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a J. Diego Mouzo Santos y Verónica I. Quintán Cardama, S.C. o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguintes, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, Recadación Xunta; en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2013

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2012261TA-CO.

Interesados: J. Diego Mouzo Santos y Verónica I. Quintán Cardama, S.C., (Parrillada Pilmar).

DNI/NIF/CIF: J70184353.

Último enderezo coñecido: lugar Santa María, s/n, 15800 Melide.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: artigo 35.a.1), da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e artigo 41.a) e h), da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro, nos seus artigos: artigos 19.1 e 2.d) e disposición adicional terceira.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 75 € (setenta e cinco euros).