Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de incoación dos expedientes sancionadores (PESAN1 2012/001063-5 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as incoacións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentaren ante a xefatura de coordinación as alegacións que xulguen pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na Xefatura de Coordinación da Área do Mar-Vigo, r/ Concepción Arenal, 8-4º andar.

Nº de expediente: PESAN1 2012/001063-5.

Denunciado: Diego Gago Douzón.

DNI: 76995882-R.

Enderezo: rúa Tomás Paredes, nº 33-2º D, Vigo (Pontevedra).

Nº de expediente: PESAN1 2012/001068-5.

Denunciada: Lourdes Lago Liñares.

DNI: 33230823-D.

Enderezo: rúa Tomás Alonso, nº 234-3º, Vigo (Pontevedra).

Nº de expediente: PESAN1 2012/001072-5.

Denunciado: Ángel Daniel Caride Montenegro.

DNI: 36045554-T.

Enderezo: rúa Pasán, nº 40, Redondela (Pontevedra).

Nº de expediente: PESAN1 2012/001110-5.

Denunciado: Juan Ángel Fernández Vázquez.

DNI: 36064495-N.

Enderezo: rúa Cesáreo Vázquez, nº 174, Canido-Vigo (Pontevedra).

Vigo, 29 de xaneiro de 2013

Manuel Lago Molares
Instrutor